O suicidio da razón
A historia empeza (ou remata) cun matemático cargando unha xeringa con cianuro. Está traballando sobre os patróns matemáticos da bioloxía, como o número de Fibonacci, así que pensa que unha mazá non está mal. A mazá, ademais, simboliza o pecado e o prohibido, que ao fin e ao cabo foi o que o levou até aquí. Como na fábula cristiá, non importa o coñecemento senón a obediencia.
Así que Alan, o matemático, aínda novo e avanzando a pasos axigantados na ciencia incipiente da computación, decide facer como Sócrates e acabar con todo antes de que acaben con él. Ninguén se lembra da máquina Enigma, das noites de traballo de Bletchley Park, dos estudos sobre a intelixencia artificial. O único que importa agora é o falso siloxismo:
Alan cre que as máquinas pensan
Alan déitase con homes
Ergo, as máquinas non pensan
P.D: inspirado polo Podcast Irreductible nº34