A Casa do Espello
“Imos xogar a que hai un xeito de atravesar o espello; a que o cristal se volve brando, como se fora de gasa, e que podemos pasar a través”.
Dende sempre profesei polas matemáticas un amor oculto e non correspondido. Oculto, porque as reaccións dos demáis cando dis que che gustan as matemáticas son de espanto, como se tiveras algún tipo de tendencia estraña e desaconsellable, ou de incredulidade. Non correspondido, porque nunca chegamos a comprendernos unha á outra. Ela pedía demasiado, unha disposición e unhas cualidades que eu non posúo, e eu acabei adicándome a outra cousa, na que o meu contacto con ela é escaso e formal. Cando nos atopamos, saudámonos cortesmente. Pero eses grandes romances deixan unha pegada de por vida. Cando quero lembrala, érgome furtivamente e saco do seu escondedoiro “A Través do Espello, e o que Alicia atopou ao Outro Lado”
Non quero poñerme Matrix, pero ás veces penso que as actuacións na Internet teñen un pouco esa característica carrolliana, e máis concretamente atravesoespecular: trátese dun mundo firmemente conectado coa realidade e dependente dela, real á súa vez e rexido por un conxunto de normas semellante pero non necesariamente igual ao do mundo “real”. Polo mesmo, cada persoa ten o seu correlato dentro do espello, que somos indubidablemente nós (quen se non?) pero que ao mesmo tempo somos lixeiramente diferentes. Eu son A Raíña Vermella dentro do espello, pero fóra do espello son a gata negra de Alicia, e ningunha é máis real que a outra.
7 comentarios en «A Casa do Espello»
A min tamén me gustan as matemáticas, apesar de que o sistema educativo fixo o imposíbel para evitalo, se Carroll era tan divertido era en parte porque era matemático. Quedouche moi chulo o blog!!! Véremonos máis veces dese lado 😉
Sí, o sistema educativo trata de convencernos de que as matemáticas son aburridas e ademáis completamente inútiles, pregúntome por que razón escura e sinistra. Poderiamos falar da falta de cultura científica que nos inculcan, pero iso da para outro post. Agardo que veñas de cando en cando botar unha partida:)
É a primeira vez que chego a saudar a creación dun novo bloguen en galego no seu 1º post… cloaro que debe ser a primeira vez que vexo un novo blogue cun deseño tan currado… parabéns!
Por certo, as matemáticas nunca foron o meu, hehehe
un saúdo.
O gato violeta di:
no é por fecerlle competencia a cheshire e poñerme filosófico, pero nesta etapa da miña vida na que as matemáticas están apegadas as miñas costas sen me poder desfacer delas (en parte por elección propia) estableceuse entre nos un especie de ciclo
amor-odio, como unha noiva pegañenta á que che gustaría deixar pero xa lle tes carino (vexase a noiva cadaver).
P.D. molame o blog.
Sí, as mates son unha noiva esixente pero fermosa, xusto como a noiva cadáver (como mola esa peli!!!!!!) e ás veces non sabes se matarte ou matala. Pero créeme, cando a deixa bótala en falta:) Alégrome moito de que che guste o blog, agárdote para a hora do té (que xa sabes que dura todo o día)
¡Estou flipaoco bló! ¡Mola!
Eu son outro amante incomprendido polas matemáticas, e tiven a sorte de que foi meu pai quen me meteu o “visio” que aínda non me dei quitado (el insiste sempre cos seus xogos de números).
Saúde e longa vida.
Se me mandas un mail (rubenruibal@hotmail.com) envíoche un agasallo que ten que ver cos nosos blós.
De novo, longa vida.
Comentarios pechados.