Lobotomía

Lobotomía


Todo isto das matemáticas e das ciencias suscitou moitos comentarios interesantes, e fíxome reflexionar sobre certo sentimento que tiven sempre de ser unha especie de tránsfuga, un becho dunha especie descoñecida. Coido que teño unha concepción do coñecemento un tanto anticuada, un pouco leonardesca. Total, que pico de todas partes e non me quedo con ningunha. Cando te obligan a decidir (con quince anos, que xa manda) entre ciencias ou letras, é como se che desen a escoller un hemisferio cerebral. Que prefires, o esquerdo ou o dereito? Que che apetece máis, saber de física ou de literatura? Non ter nin idea de arte ou ignorar completamente a estructura do ADN?

O que me fai pensar isto é que non temos unha vivencia natural da cultura (entendendo cultura nun sentido moi amplo), que non a entendemos como un todo nin moito menos como un xeito de placer persoal. Esas actitudes só se entenden se se contempla o coñecemento como un medio para acadar algo (un posto de traballo, prestixio, quedar de guai e superculto mencionando a Schopenhauer como de pasada) Polo tanto, se vas ser enxeñeiro, non che fai maldita falta saber de literatura, semella pensar o sistema.

O problema é que a pregunta non é a correcta. Claro que non che fai “falta” saber de literatura. Pero é que a literatura, a arte, a música, son ocio. É algo creado única e exclusivamente para proporcionar placer, sexa do tipo que sexa. O que se nos nega é a posibilidade de desfrutar dese placer.

Por suposto, certas actitudes elitistas tampouco axudan, como considerar que a música clásica,ou a mitoloxía grega é unha cousa súper seria que te mueres , que non se pode tomár á lixeira. Ou facernos destripar poemas coma se foran ratos de laboratorio. Converter o ocio nun auténtico coñazo, facernos pensar que non é para todo o mundo, que hai que ser un erudito para escoitar a Mozart (que xa me dirás).

3 comentarios en «Lobotomía»

  1. Estou totalmente dacordo… supoño que parte do final era unha referencia á anécdota producida no meu último post sobre mitoloxía… e non che falta razón, perosoalmente creo que a cultura, ademais de ocio, é unha vía ao progreso colectivo mais que ao individual, e para elo é preciso socializala… que non reducir a súa calidade (e á espera de concretar como se mide a calidade de calquera obra cultural)senón achegala a todos, facer que deixe de estar reciclada en élites, que por definición son inimigas da socialización da cultura porque viven do seu papel de élites. Tanto ten que o sexan laboralmente ou polo mero pracer da pedantería….

  2. Totalmente dacordo, tamén. Agardo que non che molestara a referencia ao comentario que fixeron no teu blog, pero é que era o exemplo perfecto para ilustrar ao que me refiro: esa concepción elitista e chunga da cultura. Tamén estou dacordo no da cultura como vía de progreso e socialización, creo que o de que só é ocio quedou un pouco simplista, pero estou segura de que se me desculpa por ser domingo pola mañá.

  3. Por suposto que non me molestou, é natural citar acontecementos noutros blogues, o cal é bó.
    Quéroche dar as grazas tamén por incluirme nos teus links, e na próxima actualización dos meus farei o própio co teu.

    un saúdo.

Comentarios pechados.

Comentarios pechados.