Maduración de Ostwald

Maduración de Ostwald


Estiven horas mirando pola internés para explicar aquí, en tres patadas, o que é a maduración de Ostwald, pero non acabo de entendelo eu mesma e todo. Así que se hai algún enxeñeiro na sala,
este é o momento de que se manifeste. Ao que cheguei é, mais ou menos, a que é un fenómeno que rexe como se comportan as burbullas ou as pingas dun líquido nunha emulsión. As pingas pequenas tenden a baleirarse nas grandes mediante varios procesos, un dos cales é a maduración de Ostwald, que implica (creo) o desplazamento das moléculas individualmente, dende as pingas pequenas cara as grandes, polo outro medio que compón a emulsión.

Todo este rooollo ven a raíz da exposición do CGAC de Erick Beltrán, e da instalación que se chama así, Maduración de Ostwald. Eu son bastante ignorante no que a arte contemporánea se refire, pero esta cousa-rollo-obra gustoume moitísimo. Na foto non se apreza moito, pero ven sendo un mega-xornal (que ademáis despóis podes levar, encántanme as exposicións con agasallo) que empapela unha sala. As follas do xornal están cruzadas por liñas que unen cada sección, que representa un dos xeitos de organización da información ou do pensamento. Unha sección é “mapas”, outra “listas”, outra “símbolos” e así. Non sei se esa era a intención de Beltrán, pero para mi esta obra é un exemplo de como se pode conxugar ciencia e arte e que saia unha cousa superchula. Tamén é certo que estes temas, nos que a ciencia toca á súa vez case coa filosofía, préstanse moito a xogos conceptuais.

O mesmo xeito de facelo, en forma de xornal, lembra moito á configuración do noso cerebro: algo que está plegado sobre si mesmo e que ten un tamaño como A3, pero que se desplega ata encher unha sala enteira. Ademáis, está dividido en seccións, pero cada unha delas está conectada con todas as outras, igual que o cerebro procesa por unha banda a información visual, por outra a auditiva, etc., pero todo está interconectado.

Outra cousa que me gustou foi que fai referencia, non só ao xeito de almacenaxe, senón aos procesos que nos permiten diferenciar que información queremos conservar. Por exemplo, un recordo con contido emocional gárdase mellor que un sen el (é máis doado o número de teléfono do tío/tía espectacular do último venres que unha data histórica que cae nun exame). En cambio, na amnesia o que se perde é xustamente a información persoal, “emocional”, no entanto os coñecementos académicos quedan intactos. Un esquece como se chama, pero sigue sabendo tocar o piano. Putadas do sistema.

O que si que non entendo para nada é que ten que ver Ostwald, as pingas emulsionadas e a maduración en todo isto.

11 comentarios en «Maduración de Ostwald»

  1. Vaia, levo días tentando buscar un oco para achegarme a ver a mostra pero aínda non oíra a ninguén falar dela, así que logo desta crítica positiva teño máis motivos pra ir.
    Por certo, encántanme as pequenas doses de divulgación científica coas que nos vas culturizando 🙂

  2. Venho de flipar com a meticulosa descripçom da expo esta do CGAC. Depois das Redes do senhor Punset este é o espaço mais didáctico ao que me tenho aproximado. Ja tenho gana de ir ver como madura o tal Ostwald e levarme um jornal pra madurar o conceito da mostra na casa com mais calma. A ver se tenho sorte de poder-me achegar até a nossa linda capital antes de que a retirem.

    Obrigado também por chamar-me O Home dos óculos de pasta assim com esse H maiúsculo num tempo em que ser homem semelha nom estar mui bem visto 😉

  3. semella moi interesante o da exposición esa, incluído o do título que lle explicas e que lle da nome. Lástima que non a poida ir ver.
    E dame que sen vela é dificil contestar correctamente ó que plantexas.

  4. o meu cerebro seccións seccións non ten, ten unha primeira planta “parvadas” e logo o almacén de contenedores… pero a obra semella interesante, si 🙂

  5. Dá gana até de achegarse. O de lembrar o teléfono d@ ti@ aínda se entende, o que non se entende é porque sempre queda nun papel que acaba quedando no pantalón e indo pra lavadora. Lembro que en Cidade de Deus o protagonista usábao para liar un canuto porque se lle acabara o papel (á mantenta!!!)

  6. Pois eu de arte vou un pouco xusto, pero sempre é emocionante achegarse ao descoñecido. Así que terei que pasar polo CGAC nalgun momento.
    …Aínda que sexa polo agasallo

  7. Arale, Harvey: que saibades que acabades de destapar a caixa dos tronos co de “divulgación” e “didáctico”, porque agora voume lanzar a unha voráxine de rollo científico (gargallada diabólica) Aínda que tamén vos dou carta blanca a todos para dicirme cando isto se volve un tixolo. E moitas gracias:) Por certo, Gustavo, non sabía que estaba sendo politicamente incorrecta sen pretendelo, “home” é unha palabra chulísima cando se emprega para seres humanos de sexo masculino. O chungo é cando se usa como sinónimo absoluto de ser humano;)
    Cambote, Bouzafría, Moucho, Mario, Pastor: se tedes oportunidade ide, ademáis as outras obras tamén valen moito a pena. Como é a colección ARCO e os fondos do CGAC, nótase que é o mellor de cada casa, non é como eses días que saes en plan “pos vale…”

  8. Lin pouco tempo atrás algo sobre os mecanismos da memoria no que se suliñaba o papel determinante do emocional nos recordos. Nada mais efectivo co arte para facer que procesos complexos se tornen accesibles.

  9. Bon, seguiremos o consello da Raíña. Tan pronto como esté de volta en Compostela, eime pasar polo edificio Sízico a botar un ollo (por certo, sendo eu un dos escasos defensores que ten a Facultade de Xornalismo e o CGAC… Alomenos no meu círculo cercano).
    Canto aos contidos mesmamente do museo, sempre tiven unha atitude ambígua. Supoño que coa Pintura pasa o que con outros eidos posmodernos: sen unha notoria especialización, resúltanche estraños e totalmente afastadas as súas propostas (éticas, estéticas?). Eu tendo a quedar ancorado en gusto e ideas do Pop Art para alá (e xa non gustándome moito este…), e téndoo a pasar mellor en museos como o Tate Modern, que che agasalla cousas de última xeración e cadros de Dalí, Ernst e das Vangardas Soviéticas… Pero claro, xa sei, fan falla moitos cartos para iso…
    De feito, as exposicións do CGAC das que máis teño gustado son precisamente as ‘menos CGAC’: a de cadros do Tissen-Bornemisza, a de interrelacións pintura-literatura, ou a mostra que tiveran de Seoane… Das outras, lembro entrañábelmente unha que incluía un palleiro, e dereito a deitarte nel. Bastante cómodo…

  10. Torre: totalmente dacordo, esta obra combina o emocional coa memoria visual, e fai que algo nun principio difícil de entender se nos apareza como diáfano. Algúns mestres tamén deberían aplicar o conto da memoria emocional…
    FraVernero: a min pásame un pouco o mesmo, a contemporánea non é o que máis me gusta, supoño que por falta de coñecementos. Tamén é certo que cando algo me gusta chégame moito máis, consegue moverme mais que os simples resortes do placer estético (que xa é moito de por si).

Comentarios pechados.

Comentarios pechados.