Teoría de Cordas (II)
Despois de que sufríchedes estoicamente a primeira parte deste post, agora teño medo de que a segunda defraude as expectativas. A min gústame porque fala dos eternos temas da sci-fi, como os furados negros e as viaxes no tempo. Ademaís, xusto cando colguei o anterior, descubrín que Bouzafría mencionaba tamén os últimos descubrimentos que semellan corroborar Cordas a nivel empírico. Non teño formación suficiente para xulgalos por min mesma, pero semella que o camiño cara unha comprobación está aberto.
Ao gran. A Teoría de Cordas (agora xa un pouco mais teoría e un pouco menos hipótese) ten interese porque trata dunha cousa moi incómoda para a física: as singularidades. Unha singularidade é unha situación na que unha ou varias das magnitudes que manexamos é cero ou infinito. Polo tanto, os sucesos tórnanse impredicibles, cousa que todos coincidimos en que nos fai sentir moi a disgusto. As singularidades máis coñecidas son os furados negros (onde a gravidade é infinita) e sobre todo o Big Bang, a nai de tódalas singularidades, onde tanto a masa como a gravidade son infinitas, mentras que o espazo é cero. Se Cordas se comproba, as ecuacións para predicir o que ocorre dentro dun furado negro fanse posibles.
Pasa unha cousa rara, de tódolos xeitos: a nosa superhipótese postula a existencia de once ou vinteséis dimensións do espazo. Nós só apreciamos catro porque as restantes actúan a nivel moi subatómico, están como replegadas no espazo, pero iso non quere dicir que sexa así para tódalas rexións do universo. Aínda que Hawkins sostén que a vida só e posible con catro dimensións, a min paréceme que iso é unha suposición cando menos aventurada, dende a nosa humilde tetradimensionalidade. Se existiran seres de mais dimensións (ou tamén de catro pero outras catro diferentes, por exemplo) poderiamos incluso vivir na mesma rexión do universo sen percibirnos mutuamente, “superpostos” por así dicilo.
Por outra banda, o feito de que se anulen as singularidades ten outro efecto curioso. Chegamos á conclusión de que o universo non pode ser infinito (singularidade!) pero é obvio que tampouco vai haber unha fronteira mais aló da cal se estenda a nada, como na Historia Interminable. O Universo ten que ser autocontido, sen límite como non ten límite para nós a Terra, pero non infinito. Se ten forma de donut ou de cadeira de montar xa o deixo para os astrofísicos. As preguntas de que hai fóra do universo ou que había antes non teñen sentido: o tempo e o espazo en si mesmos comezan co Big Bang.
Outra singularidade é a que di que a masa se fai infinita cando acada a velocidade da luz. A lei relativista que nos proíbe as viaxes a velocidade luz acaba de abolirse? Que pasa co tempo a velocidades superlumínicas? Dentro dun furado negro hai algo? Poderiamos chegar a unha zona do universo onde as leis da física se subvirtan? A min Cordas é que me encanta. Abre a mais absoluta das liberdades, e ao mesmo tempo elimina esa indeterminación do “non se pode calcular”. Vedes como, se se comproba, van cambiar moitas cousas por aquí?
P.D: Non o podo resistir. Aí vai “Supermassive Black Hole” de propina 😉
11 comentarios en «Teoría de Cordas (II)»
Ah, raíña… sempre fascinante.
Teremos que vir o que din os físicos, logo. O dos seres doutras dimensións que non poidan comunicarse connosco aínda vivindo no mesmo sitio resulta, de certo, unha hipótese divertida e literariamente a aproveitar…
Habémola homenaxear cun texto adicado á súa persoa, que terá que incluir a imaxe necesaria da Raíña Vermella tocando as super-cordas do violin da materia.
A singularidade tamén está trenzada en vosa merçé. Anque ao cotrario que nas ciencias, eiquí apreciámola e disfrutamos dese xenio individual e orixinal que a posúe e que nos deleta.
Que cousas tan complicadas para un home de letras. Parece iso que dicían outros físicos de que se o entendes e que está mal explicado.
Eu a teoría xa ma sabía, o que pasa é que por máis que eu lle dou á cabeza non me dou imaxinado como serían as outras dimensións.
pois eu penso que dben existir intres onde os distintos mundos,dimensios ou realidades, onde os distintos seres, poden chegar a interaccionar sen darse de conta por medio de solapamentos deses universos,portas ou coma se quera chamalas.
sempre prestoume imaxinar que algumha cousa que eu fago poda ser interpretada coma sobrenatural ou parapsicoloxica nesas outras dimensions. ser a pantasma ou o fenomeno paranormal de alguen e que me investigue o Iker Jimenez de turno.
FraVernero: grazas polo xabón, pero só sigo a estela dos grandes divulgadores. Que pensaría Sagan se soubera o monstro que creou? :p
Bouzafría: se entendiches dereito canónico, isto ten que ser coser e cantar. Á fin e ao cabo só son un mogollón de partículas subatómicas bailando pogo!
Mario: é como as abellas, que ven en infravermellos. Como serán esas cores? Co das dimensións pasa un pouco o mesmo, son inaprenxibles:)
AK: benvido, non sei se por primeira vez. Como non teño contador, pera min só existides en canto comentades, mentras tanto sodes seres doutra dimensión;) Esa explicación dos fenómenos paranormais xa a escoitei algunha vez, e paréceme do mais suxestiva (e mais doada de tragar que crer en vidas despois da morte, en calquera caso). Haberá “Cuarto milenio” nas outras dimensións? Un bico, e agardo que a dimensión de detrás do espello te enganche como para volver por aquí.
uf, non sei, creo que vou entendendo algo, pero cóstame, cóstame…. por certo, o vídeo entendínno menos, 🙂
a verdade e que tampouco eu lembro se e a primeira vez que vago polo teu espello, viaxo polo espazo virtual saltando de blog n blog , igualiño co doutor who pero sen cabina tlfnica, sen ter idea onde chegarei asi que sinalareite na minha bruxula para atoparte de novo.vemonos nesta o noutra dimension.
é algo fascinante! está claro que non podemos dar moitas cousas por seguras neste ámbito porque cada vez que os espertos marcan algún deses límites tranquilizadores aparece algo que tira con todo polo chan. A parte boa que ten a ciencia, e seguro que estás de acordo :), é que se está a construír permanentemente, e se se comproba que algo non funciona, botámolo abaixo e a seguir.
Eu creo que o que vai pasar se algún día conseguimos entender en que consisten esas outras dimensións é que o Iker vai ter que pechar o chiringuito ou polo menos reorientalo, seguro que por aí atopariamos moitas explicacións.
¿Dereito canónico? Non entendín nada. Para empezar ¿por qué c… se estudan as normas dunha asociación privada? Lembro a importancia da penetración completa do pene na vaxina despois do matrimonio ( antes non vale ) para que éste sexa válido. Unha inmensa estupidez todo, de risa. Sendo unha maría, aprobáronma na quinta convocatoria: pensar o que memorizas non está ben visto. Menuda merda de asignatura. Menudos anos estupidamente perdidos. Que lles den.
Graciñas por posibilitarmne o desfogue.
Moucho: eu creo que, de todo de todo, non o entenden nin eles, pero aquí o interesante son as posibilidades evocadoras do tema. 😉
AK: pois mira que busquei no tubo un vídeo do Dr. Who con furados negros para poñer aquí, que casualidade que o menciones. Eu tamén me apunto as túas coordenadas espaciotemporais, pero só catro, que con once fágome un lío:)
Rapaza: concordo, o mellor da ciencia é a capacidade de rectificar, que nada sexa inamobible ou tabú. Que se pode viaxar mais rápido que a luz? Pois cambiamos o cartel de velocidade máxima e listo. Sen despeitearnos.
Bouzafría: vaia, parece que sen querer toquei tema sensible:p. A min o de estudar as normas eclesiásticas tamén me parece unha coña (estás en serio que estudabades cousas así?)pero xa non me sorprendo de nada que veña de semellante institución. Eu tamén tiven a sensación de que era mellor non razonar o que memorizas nalgunhas asignaturas. Pero xa pasou, e os anos nunca se perden. Que lles den:)
Comentarios pechados.