A falacia do natural

A falacia do natural

Empregar o argumento de que algo é “natural” para xustificar que é bo, ou mellor que calquera outra cousa que pode ser considerada “aritificial” por contraste, é un hábito bastante estendido entre persoas de tódalas tendencias políticas e ideolóxicas imaxinables. Pódese escoitar en Intereconomía tanto como nun club de amas de casa ou nunha comuna hippie. Ou mesmo en Saber Vivir ou no programa de Iker Jiménez.

Non vou dar unha serie de argumentos para desmentir a suposta bondade do natural, iso xa o fixeron antes ca min outros mellores e mais grandes, aínda que o só feito de que se empregue por un espectro tan amplo de ideólogos debería darnos que pensar. Sinxelamente, vou mencionar unha serie de cousas que son supostamente naturais para quen o emprega:

Son naturais…

-As plantas. Todas elas.

– A heterosexualidade.

– A maxia.

– O nudismo. Tamén no inverno.

– Ser vexetarian@. Ou comer carne, depende.

– Ter trece fillos.

– A miopía. E o astigmatismo.

– A marihuana. Perdón, tamén é unha herba.

– A homeopatía.

– A parella tradicional, e o papel tradicional da muller

– Non ducharse (polo do manto ácido e tal).

–  O parto na casa.

– Que as termitas devoren a túa casa.

– As clases sociais

– As dores do parto. E morrer de parto.

–  O patriarcado.

– Non usar tampóns.

– As compresas con yogur

– Morrer nov@

Ben, isto último non llo escoitei defender a ninguén, pero é consecuencia directa e natural de varias das anteriores.

10 comentarios en «A falacia do natural»

  1. Totalmente de acordo, quizais en moitos casos se asemella a palabra natural a normal creando de esta maneira unha especie de esfera onde todo o que se saia dela, é anormal ou antinatural. Hai unha frase nos bares de Ribadeo que serve para todo: “Sempre se fixo”. Algunhas cousas convertense en naturais porque total, sempre se fixo.
    😉
    e quen somos nós para rebatilas..

  2. Ei, que na miña familia sempre nos duchamos unha vez á semana, fixera ou non fixera falla :p

  3. Eu estou superafavor da depilación sempre e cando sexa un argumento válido para os dous xéneros. Que aquí ou xogamos tod@s ou rompemos a baralla! :p

  4. Eu quédome coa parella tradicional, tanta revolución da muller para ter que traballar dentro, fora e no medio. Quero que me entreguen o sobre a finais de mes..hala. E ducharse de vran que se suda moito…Negociar? o das herbas, que teñen o seu puntiño.

  5. Benvida ao Espello, Maribel (bel) aínda que sexa con retraso por ausencias non xustificadas da anfitriona. Xa sabes que estás convidada ao té do Sombrereiro tolo cando queiras, que para iso o facemos continuamente :p

Comentarios pechados.

Comentarios pechados.