O científico tolo que alegra calquera sala de estar
Realmente, Tesla semella mais un personaxe cinematográfico ca un científico real. E porén, foi o inventor que mais influiu na nosa vida cotiá, moito mais ca Einstein ou incluso ca Curie: inventou a corrente alterna, que permitiu o uso doméstico da electricidade, e a radio quince anos antes ca Marconi, o que o levou a un proceso legal interminable que remataría nos anos sesenta dándolle a razón a Tesla, aínda que os que pasamos pola escola nos 80-90 continuamos aprendéndonos de memoria que a radio a inventara Marconi. Tamén inventou as telecomunicacións sen fíos (ano 1901, ollo. Retrofuturismo!) e os principios teóricos do radar, ademáis de modelos de bombillas sen filamento, a lámpada fluorescente, e a primeira central hidroeléctrica.
Pregunta: que explica que a persoa que posiblemente mais contribuiu á modernidade tal e como a coñecemos sexa prácticamente descoñecido a nivel popular, até o punto de que colocas o seu bonequiño no teu andel e ninguén che di: “anda, tes aí a Nikola”? A ninguén lle cambiou a vida a Relatividade Especial e Xeral, a radiactividade se cadra un pouco mais, pero a electricidade nas casas, a radio e a WIFI (sobre todo a WIFI) xa non é que sexan parte das nosas vidas senón que en certo sentido son as nosas vidas. Entón? Pois resulta que Tesla era un pouco raro. A principios do século XX, a transmisión sen fíos debía de parecer maxia, e de feito Nikola cría noutros fenómenos que hoxe nos parecen claramente paraciencia, como a telequinese, a transmigración das almas ou a transmisión do pensamento. Pero poñámonos no seu pelexo: acababa de conseguir transmitir voces ao outro lado do océano! O da telepatía era unha tontería en comparación! Ben, e tamén en fantasmas e en OVNIS, pero eu sigo dicindo que o que el facía era bastante mais raro e imposible, así que, por que non?
Tesla Electric Light & Manufacturing, e un sistema que permitía electrificar a baixísimo custo vilas enteiras sen necesidade de cables. Para Tesla, o obxectivo era mellorar a vida das persoas e non o rendemento económico das súas patentes. En resumo, non era útil para o capitalismo. Polo tanto, para a historia queda a enorme figura de Edison, o rei Midas das patentes, e desaparece a de Tesla, o idealista tolo.
Así que queda dito: se algún día fago algo grande, pero grande de verdade, ide chamando a Christopher Nolan para que me saque nunha peli, paso do Nobel e de ceas de postureo en Suecia. Teño que ir pensando quen quero que faga de min, que para daquela Bowie igual xa está algo vellote…
4 comentarios en «O científico tolo que alegra calquera sala de estar»
Si señor, o mesmísimo Tesla en persona. Se o final imos a ser uns frikis os que o coñecemos. Son un fan das bobinas de TEsla.
un saúdo a súa maxestade que sempre nos ilustra.
Grazas, Fer. Tesla uniu nunha mesma persoa varias das cousas que me gustan: a ciencia, o cinema e ese aire retrofuturista. E asbobinas xa son o colmo do retrofurismo!
Eu creo que parte do que xoga na contra de Tesla á hora de ser considerado un científico serio é precisamente ese aire de heroe retrofuturista. Non hai moitos inventores que poidan protagonizar unha saga steam-punk co garbo e a afouteza do vello Nikola.
Si, en realidade ese aire de molarse un pouco e facerse retratos rodeado de lóstregos e bobinas e cousas así hoxe non nos parece moi serio, pero quen dixo que os científicos tiñan que ser soso e aburridotes? Nikola á pantalla grande en versión superheroe xa!!
Comentarios pechados.