Desplazamento cara o Vermello

Desplazamento cara o Vermello

O vermello é a cor da nosa era, no sentido máis amplo da palabra. Como a teoría relativista di que o Universo non pode ser estático, que ten necesariamente que expandirse ou contraerse (unha especie de lei de Murphy universal, camiñamos sempre cara un cataclismo) para que as leis da física teñan vigor, resulta que nos alonxamos vertixinosamente dos nosos veciños inmediatos do bloque galáctico, do centro dun universo supermasivo e superpoboado cara os tranquilos barrios residenciais da periferia. E tódolos nosos veciños fan o mesmo.

Cando un obxecto se alonxa de nós, as ondas lumínicas que recibimos del e que nos permiten velo desplázanse lixeiramente cara o estremo vermello do espectro. Nalgún intre dun futuro lonxano, as galaxias comezarán o camiño contrario, xuntándose até o Big Crunch final (ou inicial) e a súa luz cambiará, desplazándose cara o azul. A inmensa enerxía liberada pola explosión inicial esgotarase, e a forza gravitatoria (a forza azul) gañará a partida a favor da contración.

O efecto doppler tamén se produce co son, e fai que cando un son se achega a nós, sexa cada vez mais agudo, e cada vez mais grave cando se alonxa (eu probeino cun neno e un fonendoscopio e tamén funcionou: o berro é mais agudo cando o fonendo se achega e mais grave cando se alonxa).

Que vai ocorrer cando entremos na era do azul, no momento no que as galaxias comecen a aproximarse? O tempo do revés, os vasos recompoñéndose no aire despois de romperse? Supoño que non, pero quen sabe? Se cadra a orde temporal non se invirta, pero iso afecte dalgún xeito as leis que rexen o Universo. É posible a vida na Era Azul? Polo de agora, desfrutemos da vida na Era Vermella.

13 comentarios en «Desplazamento cara o Vermello»

  1. Que cousas. Así que estamos na era vermella? Non me gustaría ver a era azul, eu coidaba que xa pasara de longo.

  2. Ah, sí. A raíña ataca de novo cunha finta astronómica. Gústame a cor vermella, e máis que sexa a da nosa era…

    Aínda falta moito pa era azul, agardemos. Máis que nada, se non nos extinguimos para daquela, quizais desenvolvésemos tanto coma para prescindir dos corpos de materia e manter a conciencia noutros receptáculos. E quen sabe? Quizais aprendendo a dominar as dimensións e o tempo!

    Un modelo de universo con big crunch seguido de nova expansión resúltame lóxico (e cíclico), anque aínda é tema de disputa, non? Todo depende da cantidade de masa que exista no universo. Se non hai dabondo, simplemente seguirémonos separando por toda a eternidade…

  3. iso iso e q dure, q dure.
    grazas polas combidadas, pero agora q empecei a currar xa ando leado outra vez…
    o doce e venres e traballo o sabado todo o dia
    de todos modos xa vos chamarei maña ou pasado e falamos
    moitos beijos vermellos

  4. A miña filla de oito anos leva case que todo o año engaiolada coa creación do universo. A idea do big bang resúltalle moito máis “dixerible” que a dos seus amigos que van a catequesis.

    A vida xa é agora mesmo unha singularidade no universo e non podo nin imaxinar se podería existir daquela algún xeito de vida…

    Boa entrada de ano e moitos post interesantes no teu blog para o 2008

  5. Vaia, a era vermella. Eu non sei de espectros, pero se hai tendencia ao vermello no espectro lumínico co alonxamento e ao azul co achegamento dos corpos, que pinta o restante dos fundamentais neste embrollo intergaláctico-colorista? pode que o amarelo sexa a cor predominante dos obxectos dun universo paralelo… no que non hai lonxe nin lexos, soamente números, figuras e teoremas imaxinarios flotando no vacío, no que habitan as nosas conciencias libres de ataduras materiais.

  6. A mim pensar nestas cousas produz-me umha combinaçom entre vertigem e frio interior, nom o poido evitar. Claro que bem está sermos conscientes da nossa pequeneza.

  7. Pastor: ben, dalgún xeito si que pasou, sempre e cando a masa do universo sexa maior que a “masa crítica”, claro, e esteamos nunha das fases sun ciclo sen fin de contración e expansión. Eu prefiro imaxinalo así o da masa crítica e a morte térmica dame mal rollo.

    FraVernero: pois iso, que me da mal rollo o da morte térmica. Para min o big crunch (ten nome de chocolatina, non?) é a hipótese mais cómoda, mais amable. Se cadra porque se aparta da fin do mundo cristiá e ten un cheiro mais orientaloide, de reencarnación e tal :p

    Serxio: non hai dereito currar un sábado, non poderás vir nin un pouquiño? 🙁

    Occam: cando eu tiña oito anos, tamén estaba fascinada polo Big Bang, pero chocaba de fuciños coa catequese dos meus compis unha e outra vez. Parece que a idea de millón e millóns de anos nos que non pasaba nada non tiña o ritmo trepidante da Creación. Que se lle vai facer.

    X: igualmente! Contamos contigo na blogoquedada?

    Barón: benvido ao Espello:) O amarelo non debe de pintar moito, parece. É o que ten estar no medio do espectro. O amarelo é a cor da proximidade, da cercanía, unha cor doméstica e estática, a cor das estrelas que poden ter vida. Iso neste universo, nos paralelos, quen sabe?
    P.D: a blogoquedada da que falamos será en Compostela, o día 11 ás 11,30 no Tarasca salvo cambio de planos que se anunciará convenientemente. Convidado quedas, por suposto.

    Tangaranho: un pouco de vertixe está ben, axuda a manterse esperto;) Anímaste á blogofesta?

  8. Non somos nada. A min aínda por riba gústame o amarelo…

    (este é un comentario kamikaze, propio destas horas intempestivas nas que non se debe comentar…)

    Un saúdo.

  9. Pois a min o azul non me disgusta, a cor digo, pero prefiro non pensar no que virá mañá e seguir a navegar no vermello.

  10. eu que non teño idea de física, imaxino sempre que o vermello é animal, perigoso, rápido e cruel…eu sei que son (ou debo ser) azul. armónico, equilibrado, tranquilo, seguro, ético…pero preciso correr ao vermello de cando en vez sen sentirme culpable. Por certo rainha, que ben explicas as cousas deberias ter un videocast a modo dunha rexia e feminina Carl Sagan.

  11. Doutora: en termos cósmicos, ten razón, somos máis ben pouquiño :p

    Conxurada: a min tampouco me disgusta como cor, pero case prefiro a expansión, por aquilo de que mais vale malo coñecido…

    Roi: si, o vermello da unha idea de velocidade, non? Por algo estamos a expandirnos. Moitas grazas pola comparación, pero non sei se funcionaría o do videocast, eu cun xersei de cisne e unha americana de pana camiñando polas galaxias… Carl Sagan só houbo un 😉

    X: mágoa, agardámola para a seguinte.

Comentarios pechados.

Comentarios pechados.