Campos morfoxenéticos? (e 1)
Hoxe asistína unha conferencia que en principio trataba sobre etoloxía, ratas que resolven labirintos, parruliños que pensan que es mamá e cousas desas, e na que o conferenciante rematou falando da estraña hipótese dos campos morfoxenéicos. Eu nunca escoitara falar de semellante cousa, nin do personaxe que semella ser Rupert Sheldrake, que ten nome de mago da tele ou algo así.
A cousa ven dicindo que calquera estrutura natural ten unha tendencia cara unha orde predeterminada, unha sorte de “memoria” innata. Atención, toda estrutura natural, incluídos seres inanimados como os cristais, as rochas ou incluso as galaxias. Os animais tamén terían esta tendencia, de xeito que cada individuo posuiría unha especie de memoria colectiva da especie.
Isto vai totalmente en contra da segunda lei da termodinámica, que di exactamente o contrario, que a desorde aumenta progresivamente en calquera sistema a menos que invirtamos enerxía en mantelo en orde (véxase o Experimento do Andel de Nela) pero explica algúns fenómenos estraños, como o feito de que as ratas resolvan hoxe labirintos mellor que hai trinta anos (sen estar sequera emparentadas entre si) ou que memoricemos mellor a orde das letras dun teclado que ningunha outra. De feito, esta teoría ten un disparatado corolario: a frecuencia coa que ocorre un feito fai que cada vez sexa mais probable que ocorra. Einstein debe estar revolvéndose na súa tumba.
Supoño que é obvio que non acredito en nada disto, pero si que me parece interesante sinalar que hai feitos moi difíciles de explicar e alguén (aínda que teña nome de prestidixitador) que trata de explicalos. As hipóteses están para ser falsadas, por estrañas que parezan a priori. Se hai que cargarse unha lei esencial ou un paradigma, a por el. Torres mais altas caeron.
6 comentarios en «Campos morfoxenéticos? (e 1)»
Pois é umha teoria arriscada, mas as espécies eu penso que sim tenhem umha sorte de memória, consciência, ou nom saberia como definí-lo colectiva. Há comportamentos gregários ou individuais que se repetem geraçom trás geraçom. Por outra parte, parece que as espécies evoluim, é dizer…acho que já por algum lado lim a teoria de que dentro de nom sei quantos anos os chimpancês terám algo bastante parecido a umha linguagem oral.
Se eu concordo con iso de cargarse leis esenciais e paradigmas cando faga falta, o que pasa é que para derrubalos coido que se precisa algo máis consistente que isto, que a min sóame a “mago da tele” ou aínda pior, a Nova Era 🙂
hehehe…homem, que conste que eu som céptico, mas em todo caso nom está mal arriscar, a ver se um dia achamos respostas que por enquanto nom temos.
qualquer teoria bem argumentada cria sectas…sempre há alguém disposto a crer..e senom que lho perguntem a bryan
Ante a miña manifesta ignorancia científica céntrome mais ben en desmontar os paradigmas orwellianos, 😛 Sinto, por certo, chegar tarde a discusión sobre banda bassotti, se se volve dar algo así xa andarei por aí trabamdo, 😀
PNZaXk upyiqmssjpef, [url=http://podnoknaswsc.com/]podnoknaswsc[/url], [link=http://yfvapsmsjgje.com/]yfvapsmsjgje[/link], http://ylagvljppmne.com/
Comentarios pechados.