Non só Vermella

Non só Vermella

Hoxe, no canto de estar na mani, non tiven mais remedio que estar noutro sitio, por motivos pofesionales. No tal sitio, dábanche un convite para unha cea, en plan “fulanito/a y acompañante”. E aínda que nos pareza que todo é xa supernormal e incluso moi cool, estou segura de que chegar a esa cea cunha parella do mesmo sexo sería unha auténtica provocación. Ás veces penso que tendemos a pecharnos na nosa burbulla (sexa cal sexa) e non nos decatamos de que hai outros mundos. E algúns son moi rancios. Feliz día do Orgullo.

PD: a homosexualidade eliminouse como parafilia dos manuais diagnósticos de enfermidades mentais hai só trinta anos. A transexualidade aínda figura como trastorno da conduta sexual.

4 comentarios en «Non só Vermella»

  1. Hai espazos onde aínda é algo prohibido, durante iste mes Emile Griffith (en múltiples ocasións campión do mundo)foi o primeiro boxeador recoñecido que se declarou homosexual… lástima que tivera que esperar 70 anos. Este home tivo a desgracia de acabar coa vida doutro boxeador Benny “Kid” Paret nun combate (que previamente o provocara facendo referencia á súa “dubidosa” condición sexual).
    Na súa declaración pública o campionísimo dixo:eu mateir a un home e a maioría das persoas o entenden e me perdonan, pero se eu amo a un home, iso para moitas persoas é imperdoable”. Estas palabras chamáronme atención, non creo que sexa necesario que á xente necesite que lle golpeen durante anos a cabeza para ser tan razoable.

  2. Moitas autoridades científicas (neurólogos, psicólogos) descólganse a estas alturas da película volvendo clasificar a homosexualidade como parafilia (por non dicir desviación) e buscan o xeito de “curala”. En resumo: darlle unha pátina ciencioide ós prexuízos de sempre.
    Mais cada vez son menos. Feliz día.

  3. …e também dim que os homens homossexuais tenhem um cérebro mais feminino. Ainda que nom entendo que pode ter isso de insano. Em qualquer caso; é impressionante o que levamos andado, é impressionante o que fica por andar, e mais impressionante ainda é ver como há quem pretende recuar a estas alturas. Muita luita, é o que fica por diante.

Comentarios pechados.

Comentarios pechados.