Corpo aberto

Corpo aberto

Unha noite, en certo pub, o grandísimo Quico Cadaval ensinounos a diferenza entre posesión e corpo aberto, que toda persoa minimamente culta debera coñecer, sobre todo porque nunca se sabe cando pode ser unha posuída, e convén ter claros os conceptos. Aínda que a explicación de Quico era moito mais desternillante, e incluía un coche, unha pipa e unha escena tipo Tarantino, basicamente a diferenza radica en que a posesión ocorre sen o consentemento do posuído, namentres que no corpo aberto, un vivo préstase a albergar a alma dun morto, pero mantendo o control sobre os seus propios actos.

Pois ben, en Estocolmo conseguiron reproducir, ciencia mediante, algo moi semellante á idea xenuinamente galega de corpo aberto. Cando o vin, imaxinei inmediatamente algo semellante a Como ser John Malkovich, reptando por un túnel até o cerebro do elixido para rematar na cuneta da autopista New York-New Jersey. Pero non. A cousa é tan sinxela como acoplar unhas cámaras á cabeza do “posuído”, que se moven conforme uns sensores na cabeza do “posuidor”, de xeito que, ao mover a cabeza, abarcamos o campo de visión do outro no canto do propio. Se nese campo entra algo que contacta co corpo do posuído, e a zona correspondente ao corpo do posuidor é estimulada correlativamente, a sensación de que estamos noutro corpo é total. É incrible o doado que resulta enganar ao noso cerebro.

Aínda que as aplicacións aínda non están moi claras, a min véñenseme á cabeza pelis como Días estraños e a posibilidade de vivir experiencias alleas como se foran propias, pero sen o risco potencial que entrañan. Facer puenting, ir ao espazo, viaxar… Pero coido que o mais desconcertante pode ser sinxelamente a experiencia de ter outro corpo, incluso un corpo doutro sexo ou outra cor. Se cadra unha das posibles aplicacións é didáctica.

8 comentarios en «Corpo aberto»

  1. Pois teño dúbidas, non sei si elixiría no experimento a Mozart, a Michelle Pfeiffer ou a Brad Pit para enchufarme ao cotarro. As que si que teño claras son as cabezas nas que colocaría os electrodos para producir empatía, exemplo: presos de Guantanamo vs Bush + adláteres.
    Canto costa?

  2. Pois debo ser bastante simple, porque baseandome en “dias estraños” prefiro a opción da umha ducha nun corpo do sexo oposto que a adrenalina do atraco a un banco

  3. A verdade é que son cuestións de cultura básica, ao igual que a pregunta de rigor para a aparición “que requires?”. Eu tamén pensei inmediatamente en Días estraños, de todas maneiras o tema este non parece tan sofisticado. Mentres, sempre nos quedarán o cinema e os soños, que non será o mesmo pero se consegues meterte…

  4. Humm…é curioso o que di A Rapaza. Porque miña irmá sempre di que, cando soña que é home, (penso q a inmensa maioría das mulleres o soñamos algunha vez) pasa o tempo xogando coa troOompa. Eu, no canto, non me centro tanto no membro coma nunha estraña sensación de poder tremenda. Soa chungo, pero é así. Por iso cando vin “Cómo ser John Malcovich” non puiden evitar caer na conta. As Grandes sensacións coma esta poden producir unha Grande e perigosa adicción. A parte, claro, da enorme utilidade que comentaban antes. Pero sí, pra chegar a tales niveis inda lles queda moito por andar…

  5. Alucinante a experiencia, comparto o das aplicacións didacticas e mesmo se a súa maxestade me permite a frivolidade creo que tamen melloraria sensiblemente as relacións de parella..
    😉

    por certo, roubo miserablemente a viñeta de kwanzaa… a este pequeno bufon tamen lle da por poñerse anticlerical.. e antinavideño..
    meu deus que dano fai a disculpa da tradición..

  6. Encantoume Como ser Jonh Malkovich, é unha xenialidade.
    Tamen mola Días estranos, gústame moito a ciencia ficción, e, xa que estamos, e a colación da experiencia referida (que ha de resultar un tanto inquitante) citarei unha fantástica película chamada Gattaca, na que o conflicto identitario ten un peso fundamental na trama da mesma.

  7. non vin dias estranos pero o titulo xa me gusta,collo nota,como ser jonh si e encantoume,
    o aparat e moi interesante e pode resultar moi util.
    bicos e boas ferias pra todos

  8. Orso: Mozart non pode ser porque está morto, o tema ten as súas limitacións :p Entre Michelle Pfeiffer e Brad, eu tampouco me decido.

    Sobchak: non te preocupes, eu son igual de simple. Ben, habería que ver primeiro quen é o individuo que se ducha.

    Arqueira: si, sempre nos quedará alomenos o cinema, aos que coma min temos o problema de non lembrarnos nunca do que soñamos. Non debe de ser moi interesante.

    Aliada: anda! Eu nunca soñei que era un home! Ou igual si e non me lembro, coñecéndome… É curioso o da sensación de poder, nunca pensei que iso puidera ser unhas consecuencias de cambiar de sexo. Habería que investigar iso… 😉

    Fuji: he, he. Polo menos podería facelas moito mais novidosas e interesantes. Ocórrenseme un mogollón de aplicacións nese campo! A viñeta, toda túa, sobre todo se é para poñerte anticlerical;)

    Ekis: Gattaca é outra das miñas pelis favoritas, xunto coas dúas anteriores. Tes razón, non reparara en que é outro bo exemplo do tema da identidade.

    Gus: pois recoméndocha vivamente, ademais sae Juliett Lewis cantando :p

Comentarios pechados.

Comentarios pechados.