Futurismo now

Futurismo now

Imaxina que entras nunha sala branca e luminosa, déitaste nunha camilla, pechas os ollos e lembras, de forma incriblemente vívida, un feito da túa vida, case como se o experimentaras de novo. Un recordo aleatorio, arbitrario (un día no que camiñas cara ao colexio e chove, por exemplo) ou o recordo que ti escollas. O día no que pasou aquilo que cambiou a túa vida. Podes lembralo todo, as cores, os aromas, as sensacións, incluso cousas que nese momento non fuches consciente de percibir. Que recordo escollerías?

Isto podería ser o argumento dun filme de ciencia ficción (de “Días Estraños”, por exemplo) ou podería estar a piques de ocorrer. Están pasando cousas asombrosas cunha técnica cirúrxica para o tratamento do Parkinson, a estimulación cerebral profunda.  A técnica en si semella xa bastante sci-fi, porque consiste en implantar uns electrodos na parte inferior do cerebro do paciente, namentres este sigue consciente, para que poda contar o que sinte en cada momento. O cerebro non ten sensibilidade, porque a natureza non preveu que puidesemos chegar aí dentro. Se os electrodos tocan no sitio xusto, a persoa con enfermidade de Parkinson deixa de tremer. Tamén se emprega para diminuír o apetito en pacientes con obesidade, estimulando outra zona. Pero de casualidade, durante o proceso, o electrodo tocou nun punto do cerebro que gardaba un recordo. Un, concretamente. Aleatorio e banal. Así que o operado (esperto, recordade) di “ei, estame pasando unha cousa rarísima. Estou lembrando moi intensamente un día que estaba nun parque cuns colegas, cando tiña vinte anos. Lembro até que roupa levaba, se tiña frío ou calor. É como se pasara onte. Non, é case como se estivera pasando agora”. E, cerebralmente, está pasando.

Aínda non temos a tecnoloxía para escoller os recordos, nin para que a ECP sexa inocua, pero a posibilidade que se abre é tremendamente suxestiva e estraña. Pagaríamos por eses recordos? Poderíanse rexistrar, gravar? Estimularía tamén a memoria anterógrada, a nosa capacidade de fixar recordos novos? A ciencia ficción está comezando a ser ciencia a secas.  P.D: grazas, meu.

17 comentarios en «Futurismo now»

  1. que quere dicir exactamente que non é inocua? que efectos secundarios ten? por que a min estanme a entrar ganas de ofrecerme de guinean pig desos…

  2. As posibilidades, con perdón da palabra, son acojonantes. Arredor disto anda un texto no que traballo. Con permiso ou sen el voullo mandar e a ver que me di a especialista.

  3. Poñendo por caso que esta intervención fose totalmente inocua no sentido médico, se realmente puideras “revivir” un recordo, qué cantidade de cousas poderían cambiar polo feito de RE-percibir sensacións que no seu momento non fuches consciente de percibir! Xogar así co cerebro non sería insán, pero creo que de ningún xeito inocuo-no seu sentido xeral-.

    Sei que non veremos o de “seleccionar” un recordo para que cho fagan revivir, pero molaría ir ao primeirísimo de todos. O único que de fixo ninguén pode dicir que é consciente porque todavía non aprendeu a sentir. “Viaxar” ao propio nacemento dun. Ver non verás grande cousa pero ¿Cómo sería a sensación?

    Como sempre, un post moi interesante, Raíña!

    PD: Podería facer eu esa asignatura tan guai túa como de libre configuración??! 😛

  4. Alucinante, sempre nos dicen que non se pode vivir de recordos mais estamos feitos de recordos… poderianse intercambiar nunha rede neuronal.. traficar con eles… coma un emule xigantesco… que sería da memoria historica?
    ir os felices e borrar os malos.. ser feliz e poder selo sempre que queiras.. en fin, alucinante
    moi bo o post,
    saudos do bardo bufon

  5. Eu por se acaso mentres sexa así de aleatorio creo que vou pasar, que fixo que me toca algo traumático (algunha noite electoral, por exemplo).

  6. Sobchak: pois que hai que meter un electrodo atravesando todo o cerebro, e aínda que se fai cun robot (e polo tanto a ninguén se lle vai “ir a man”) neste momento é unha técnica que leva horas de quirófano e arredor de vinte días de postoperatorio, así que non é como para andarse furando o cerebro :p Pero, coma todo, será cuestión de tempo que sexa rápido e sen apenas risco.

    R.R. estou niso 😉

    Aliada: estou dacordo contigo en que aínda que sexa inocuo no sentido médico, dende o punto de vista psicolóxico pode ser tremendo… ou tremendamente positivo, non si? Non sei se me gustaría o de retroceder ao meu propio nacemento, coido que me daría claustrofobia 🙂 P.D: serías a mais friki da parroquia se pillas Neuroética de libre. Pero coido que che molaría polo menos tanto como a min.

    Fuji: exacto, como en “Días Estraños”! Podería chegar a haber unha mafia de tráfico de experiencias estremas. Aínda que non sei que pasaría se quedasemos só cos bos recordos. Igual non volvemos todos idiotas.

    Mario: si, mellor agardar a que o refinen un pouco…

  7. O outro día, cando me contaches o da estimulación cerebral profunda, estiven dándolle voltas e cada vez parecíame máis incríbel. Eu en moitos casos agardo que a CF non se convirta en ciencia, porque por norma xeral o resultado non é bo. Neste caso, non sei que podería pasar. Pero ten boa pinta.
    PD De nada, foi un café ben entretido.

  8. Lucas: benvido ao Espello, un placer terte por aquí 🙂 Xa lin a nova, coido que o próximo post será de homenaxe. Un bico.

    Pastor: si, é bastante incrible. Tanto, que da un pouco de medo, e canto mais o pensas mais medo dá. Iremos cara o cyborg?

  9. A vida ten que ser sempre mirar cara adiante, unha ciencia para vivir dos recordos é o comezo dunha vida vexetativa. E gustanme moito as plantas pero non tanto como para imitalas.

  10. Pero imaxínate que podes acceder a información que esqueciches, e que é importante. Non cres que merecería a pena?

  11. Moi fixe a nova casa.

    Pareceume un post super interesante e dos que meten medo e tamén dan algo de esperanza a certas enfermidades. A min recordoume un pouco a Desafio Total (a peli de Schwarzenegger), por iso de xogar cos recordos.

    Medo á ciencia!? Deus, xa parezo un cura!

  12. Pois non andas nada desencamiñado. Desafío Total está baseado nun relato de Philip K. Dick, “Podemos recordalo todo por vostede” que xoga moito con estes temas dos implantes de memoria e cousas así. e feito, o post xurdiu dun café co Pastor falando de Dick e das visións da ciencia ficción que se fan realidade.
    P.D: medo á ciencia? Nunca! 😉

  13. Parécenme moi interesantes a fantasía que se abre coa posibilidade de meter os recordos nun frasco. De todas formas, a clave do asunto debe de estar en cómo volcar datos neuronais a un disco duro. Poderíase visualizar un recordo en 25fps e alta resolución? O certo é que as imaxes visuais dos nosos recordos distan moito da forma cinematográfica. Así que, unha vez gravados, quén podería interpretalos?

  14. Polo de agora coido que só ti poderías visualizar os teus propios recordos, pero todo se andará. Eu atéñome ao vello paradigma: se podes reproducilo, podes piratealo :p

  15. Por non falar (despois do pirateamento) da posibilidade de almacenar e partillar recordos de persoas diferentes. Interesantísimo sentir un mesmo facto desde duas posicións contrárias… a total “mirada d@ outr@”.

    Contodo, eu adoro ter case-esquecido certas cousas…

    E unha pergunta… se nesa lembranza dos meus 20 anos eu estivese a soar unha de DefconDos… querería a SGAE cobrar por iso?

    Como sempre, un pracer de post.

Comentarios pechados.

Comentarios pechados.